9 de mayo de 2011

SalcedaFestbier 10, 11 e 12 de Xuño

A Comisión de Festas da Virxe da Concepción 2011 do Concello de Salceda de Caselas ten a honra de presentarlle a "I SalcedaFestbier", que se celebrará nesta localidade os vindeiros días 10, 11 e 12 de Xuño, no Recinto de Festas da Virxe da Concepción, o lado da Igrexa Parroquial de Sta. María de Salceda.

Nesta festa vamos a agrupar dúas das festas que se levaban celebrando en anos anteriores "Festa do polo a brasa" e a "Festa da cervexa", co resultado dunha festa cun toque Galego-Xermánico. Teremos dende os pratos máis típicos de Alemania: salchichas con puré de patacas e chucrut, codillo estilo alemán, etc... e tamén os típicos callos a galega e polo a brasa, sen olvidarnos da auténtica cervexa alemana "Especial Festbier"... En definitiva unha festa donde se poderá comer, beber e disfrutar de espectáculos e música baixo unha carpa o máis puro estilo "Oktoberfest".

* Recinto con carpa de 400 m2
* Mesas e bancos en todo o recinto
* Entrada gratuíta
* Horario continuado de 12:00 h. a 2:00 h.
* Domingo 12 "día do Polo a brasa"
* Dj´s, folk, maxia, monólogos, charanga, animación.... (programa de actuacións pendente de conformar, enviarase nun próximo e-mail)
* Camareros/as caracterizados estilo "Oktoberfest"

Colaboran: Concello de Salceda de Caselas, Abril publicidad e Arcobräu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario