23 de marzo de 2009

A 2ª edición da Festa do Xabarín de Salceda ofrecerá case o dobre de racións do ano anterior, 1.300


Este ano poranse a vender 1.300 racións (fronte as 780 de 2008) e prepararanse 400 quilos de xabarín, 200 quilos de pataca e 90 quilos de arroz. Con soamente 10 euros, veciños e visitantes poderán degustar o día 5 de Abril, a partir das 11.00 da mañá, no Torreiro de Festas da Igrexa de Santa María de Salceda, unha ración acompañada tamén de viño caseiro da Ribeira Sacra (compráronse preto de 450 litros) e pan. No caso de choiva, a festa gastronómica trasladarase ao Centro Cultural da Devesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario