13 de diciembre de 2007

Pazo de Pegullal




El de Pegullal en la parroquia de Santa María de Salceda destaca por su escalinata y solaina con balaustrada. Tiene capilla y una finca, hoy dedicada a la explotación de ganado porcino. El escudo del portalón recoge las armas de los Correa, Mendoza, Quirós, Sarmiento y Sotomayor.
(texto en Gallego)
O concello de Salceda sobresae polos numerosos e fermosos pazos esparexidos polo seu territorio. O pazo de Budiño é un pazo agrícola, de construción datada do século XVI. O morgado desta casa foi fundado por Lourenzo Alemparte e Vázquez de Lemos no ano 1610. Na parroquia de Entenza destaca tamén outro pazo no lugar chamado A Corisca, que pertenceu ao xeneral Rubio, personaxe de moita influencia nos destinos desta parroquia. Merece especial interese, ademais, un cruceiro barroco, datado no ano 1680, así coma a propia igrexa parroquial de posible orixe románica. En Santa María de Salceda cómpre subliñar outros dous fermosísimos pazos: o de Pegullal e o de Val. O primeiro deles, cun grande escudo de armas sobre a porta de entrada á finca, dobre escalinata e solaina de balaustradas, é digno dunha visita pausada. O segundo, coa súa escaleira suntuosa, a súa galería que ocupa a fachada sur e os seus remates e coroamentos con figuras de aguia e un sol, tamén merecen todo o aspecto artístico. Tamén deben ser visitados a igrexa parroquial e o cruceiro do Cristo (ano 1655).En San Martiño da Picoña atópase un pazo coñecido polo nome da casa Grande, que é un dos máis fermosos de Galicia. Foi fundado en 1543 baixo a xurisdición de Felipe II por Morguete Rodríguez. Consta de torres, edificio rectangular e portalón. É unha mostra do esplendor dos señores da Picoña, que xogaron un importante papel na comarca do século XV ao XIX. Tamén é de destacar o cruceiro dunha soa peza de Ataúde, do ano 1668. En Parderrubias sobresae a casa señorial da marquesa de Avendaño. En San Xurxo de Salceda hai un interesante peto de ánimas que se pode atopar no núcleo urbano. Nesta parroquia existiu, ademais, a casa e maiorazgo de Pedradaxia, que pertenceu ao conde de San Román.

No hay comentarios:

Publicar un comentario